Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1934

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Datas.

Os días 15, 17, 19, 22, 24, 26 e 30 de abril e 2, 3, 6, 8 e 10 de maio de 2013.

4. Lugar de celebración.

Instalacións de Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7.

15006 A Coruña.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Destinatarios.

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e o persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa.

Día 15.4.2013

16.00-21.30 h

Biocidas. Concepto de biocida. Historia.

Composición. Utilización de biocidas.

Clasificación dos praguicidas.

Lexislación aplicable aos biocidas.

Día 17.4.2013

16.00-21.30 h

Biocidas: clasificación – almacenaxe – transporte.

Lexislación aplicable aos biocidas.

A etiqueta dos envases dos praguicidas. Etiquetaxe.

Día 19.4.2013

16.00-21.30 h

Biocidas: formulación – preparación de biocidas.

Lexislación de aplicación. Produtos utilizados.

Práctica – preparación de disolucións.

Día 22.4.2013

16.00-21.30 h

Riscos para o home derivados do uso de biocidas.

Prevención de riscos laborais. Relación traballo-saúde.

Toxicidade dos biocidas. Estudos de letalidade. Efectos tóxicos.

Seguridade laboral. Seguridade non laboral.

Frases H. Frases P.

Día 24.4.2013

16.00-21.30 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Precaucións durante a utilización dos equipamentos.

EPI de protección.

Práctica: uso adecuado dos medios de protección persoal – tipos de máscaras, protectores oculares, luvas.

Día 26.4.2013

16.00-21.30 h

Técnicas de aplicación de biocidas. Descrición dos equipamentos mecánicos.

Métodos de loita antivectorial: químicos e biólogos.

Tipos de boquillas.

Día 30.4.2013

16.00-21.30 h

Criterios de prevención de intoxicación por praguicidas. Condutas a seguir no caso de intoxicación. Antídotos.

Práctica: primeiros auxilios. Masaxe cardíaca.

Día 2.5.2013

16.00-21.30 h

As pragas. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Pragas de interese en saúde pública. Pragas de insectos.

Práctica: identificación.

Día 3.5.2013

16.00-21.30 h

As pragas. Clasificación e características. Pragas urbanas. Pragas de insectos e ácaros. Microorganismos produtores de enfermidades: bacterias, fungos.

Práctica: identificación.

Día 6.5.2013

16.00-21.30 h

Pragas de roedores. Aves. Métodos de loita antivectorial.

Métodos físicos e mecánicos. Métodos biolóxicos.

Práctica: manexo de engados.

Día 8.5.2013

16.00-21.30 h

Biocidas e ambiente. Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas de contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico.

Día 10.5.2013

16.00-21.30 h

Biocidas e ambiente.

Eliminación de envases. Pautas. Problemas derivados. Avaliación.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente con que lle poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 15, 17, 19, 22, 24, 26 e 30 de abril e 2, 3, 6, 8 e 10 de maio de 2013.

Lugar de realización do curso:

Instalacións de Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7

15006 A Coruña

Duración: 60 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 21.30 h.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviaranse a Biocontrol, avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Tel.: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com, acompañado da seguinte documentación:

– Xustificante de ingreso de 520 euros/alumno na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número 0182-2201-45-0201581606

Data límite de presentación de solicitudes: ata o día 10 de abril de 2013 (5 de abril para empresas bonificadas).

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude e xustificante de pagamento.

Empresa:

CIF:

Enderezo:

Localidade:

Telf.: Fax:

Enderezo de correo electrónico:

Apelidos:

Nome:

NIF: