Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1837

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento á citada obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Turismo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013

Por suplencia (Orde do 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio marco de colaboración entre a Sociedad Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías Turísticas, S.A. (Segittur) e a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia.

Sen achega económica

21.9.2012

Convenio marco de colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e Paradores de Turismo de España, S.A. para o fomento e desenvolvemento do turismo, dos paradores de turismo de Galicia e da actividade económica vinculada a este, na Comunidade Autónoma galega.

Sen achega económica

13.9.2012

Addenda ao convenio marco de colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e Paradores de Turismo de España, S.A. para o fomento e desenvolvemento do turismo, dos paradores de turismo de Galicia e da actividade económica vinculada a este, na Comunidade Autónoma galega.

Sen achega económica

25.9.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Concello de Cortegada para posta á disposición de edificio do novo balneario

Sen achega económica

9.10.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Concello de Celanova para reprodución do poboado castrexo de Castromao en Celanova, Ourense, cofinanciado con fondos do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 (80 %) e FCI (20 %).

210.000 €

17.10.2012

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e o Concello de Celanova para reprodución do poboado castrexo de Castromao en Celanova, Ourense, cofinanciado con fondos do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 (80 %) e FCI (20 %).

Sen achega económica

28.12.2012

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Turismo e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración de actuacións que promovan o turismo de saúde no marco de Termatalia Perú 2012 Auga e natureza cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

75.000 €

7.8.2012

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Turismo e a Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga) para a edición da publicación Veogalicia para a promoción turística da provincia da Coruña.

19.600 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Turismo e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración dun proxecto de preparación para as pemes turísticas galegas para a asistencia e aproveitamento das bolsas internacionais de contratación.

71.150 €

8.10.2012

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Turismo e a Asociación Nove Grupo Gastronómico para a celebración do evento Showcooking en Madrid cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

50.000 €

9.10.2012