Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2013, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 30 de novembro de 2012, ditada no expediente sancionador AC-168/12, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais do Servizo de Turismo da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-168/12.

Denunciada: Mengus, S.L.

CIF: B15498066.

Establecemento: La Bodeguilla de Santa Cristina.

Enderezo: avenida das Américas, 51, Perillo.

Localidade: Oleiros.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 30 de novembro de 2012.

Sanción: multa de mil euros (1.000 €).