Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 5 de setembro de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea Redondo V.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Redondo V e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 25 de maio de 2012, María Dolores Rial Guillán, en representación da comunidade de herdeiros de Francisco Ernesto Barreiro Suárez, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Redondo V.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Dolores Rial Guillán (35442944-J), Ana Barreiro Rial (35467364-F) e Carme Barreiro Rial (35484537-E), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Redondo V.

Situación:

Cuadrícula nº: 168.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.10.1963.

Remate da vixencia: 15.2.2019.

Actuais titulares: Francisco Ernesto Barreiro Suárez e María Dolores Rial Guillán (35442944-J).

Novas titulares: María Dolores Rial Guillán (35442944-J), Ana Barreiro Rial (35467364-F) e Carme Barreiro Rial (35484537-E).

As novas titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 5 de setembro de 2012

P.D. (Resolución do 12 de abril de 2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo