Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1846

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 436/2012, interposto por María Dolores Areses Virel.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 436/2012, interposto por María Dolores Areses Virel, contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 3 de outubro de 2012, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 22 de febreiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola que se fan públicos diversos acordos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública