Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financiera e Contable (CIXTEC), pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de información procedemental.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 12-050.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no Sistema de información procedemental.

c) CPV: 72330000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 26.10.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 187.824,79 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 187.824,79 euros. Importe total: 227.268,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades: ano 2012: 37.878,00 euros. Ano 2013: 189.390,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.12.2012.

b) Data de formalización do contrato: 1.1.2013.

c) Contratista: UTE: Atos It Solutions and Services Iberia, S.L. e Applus Norcontrol, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 174.400,00 euros. Importe total ano 2013: 210.540,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable