Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1401

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (982/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 982/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Gómez Vázquez contra Lofi, C.B., Josefa Castro García e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por María Jesús Gómez Vázquez contra a empresa Lofi, C.B. da que é comuneira Josefa Castro García, e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.634,34 euros, máis os xuros de demora. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzalo nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Lofi, C.B. e Josefa Castro García, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 27 de decembro de 2012

O secretario xudicial