Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 27 de decembro de 2012, da Xefatura Comarcal de Ferrol, pola que se fai pública a notificación de incoación do expediente sancionador PESAN1 2012/000944-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura comarcal as alegacións que xulgue pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na Xefatura Comarcal de Ferrol, praza Camilo José Cela, s/n, 6º andar, 15403 Ferrol.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000944-1.

Denunciado: Óscar Corral Ríos.

DNI: 32683292-Q.

Enderezo: r/ Río Miño, nº 28, 3º A, Narón.

Ferrol, 27 de decembro de 2012

David Escudero Dans
Xefe comarcal de Ferrol