Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1382

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de xaneiro de 2013 pola que se nomea funcionario do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, o aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación de emprego convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 en execución da Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26 de setembro de 2012, ditada en autos de procedemento ordinario 758/2010.

O 26 de setembro de 2012 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza, que é firme, cuxa decisión dispón:

«Que estimando o recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Rivas Canzobre contra a resolución da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, do 21 de xullo de 2010, desestimatoria de recurso de alzada interposto contra outra, do 12 de maio anterior, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, quenda de acceso libre, pola que se procede á baremación definitiva correspondente á fase de concurso, debemos anular e anulamos as resolucións impugnadas por seren contrarias ao ordenamento xurídico e, en consecuencia, debemos acordar e acordamos que a puntuación que se debe outorgar ao demandante na baremación definitiva da fase de concurso, na epígrafe de Formación, é a de dous puntos. A Administración deberá levar a cabo as operacións oportunas dentro do procedemento de selección para a plena efectividade práctica desta resolución; todo isto sen facer imposición das custas procesuais».

En execución da dita sentenza o demandante obtén as seguintes puntuacións:

Apelidos e nome

DNI

1º ex.

2º ex.

3º ex.

Concurso

Total

Rivas Canzobre, Manuel

46904038-T

19,83

5,83

Exento

2,00

27,66

De conformidade coa puntuación total do proceso correspóndelle a quincuaxésima (50) posición na orde de prelación dos aspirantes, polo que superaría o proceso selectivo extraordinario de consolidación de emprego para a cobertura de 60 prazas do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1 (DOG do 28 de xullo de 2008).

De acordo co todo o exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionario de carreira do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, o aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 en execución da Sentenza do 26 de setembro de 2012 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 758/2010.

Segundo. Adxudicar ao dito aspirante como destino provisional o posto de traballo que figura no anexo.

Para adquirir a condición de funcionario do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, o aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Grupo

Centro destino

Centro directivo

Rivas Canzobre, Manuel

46904038-T

MRC991010115001020

MR

Xefe de grupo

14

CD

Xef. Territorial A Coruña

Servizos periféricos