Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1248

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro
e decembro de 2012

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos

25.000,00 €

10.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

6.000,00 €

10.9.2012

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Consellería de Presidencia, o Ministerio Fiscal e a Universidade de Vigo para a implantación experimental dun programa de mediación intraxudicial para o ano 2012

12.000,00 €

19.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS) para a realización do «Proxecto sanitario nos campamentos de refuxiados saharauis»

70.708,00 €

19.9.2012

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais

0,00 €

28.9.2012

Acordo polo que se dispón a achega da Xunta de Galicia –Consellería do Medio Rural e do Mar– a favor da Fundación Semana Verde de Galicia

48.852,00 €

2.10.2012

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os concellos de Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior para o desenvolvemento dun proxecto piloto de funcionamento dos grupos locais de atención ás emerxencias e ao ambiente

0,00 €

6.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Marín para o equipamento de aulas da natureza infantís ao aire libre

22.000,00 €

26.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Moaña para a aula da natureza infantil ao aire libre

31.983,93 €

26.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Rosal para a dotación de módulos para aseos públicos adaptados ao ambiente e conexión ao saneamento nas áreas recreativas do Tamuxe e Pías

22.000,00 €

26.10.2012

Convenio de cooperación entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Deputación Provincial da Coruña e os concellos de Dodro, Padrón e Rois para o desenvolvemento dun proxecto piloto de funcionamento de grupos locais de atención ás emerxencias e ao ambiente

32.269,48 €

26.10.2012

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Xinzo de Limia para a instalación dun ascensor nos locais dos servizos sociais do concello

0,00 €

30.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Consello de Seguridad Nuclear sobre planificación, preparación e resposta ante situacións de emerxencia radiolóxica

0,00 €

23.11.2012

Convenio de colaboración e coordinación entre o Ministerio do Interior e a Xunta de Galicia en materia de seguridade nos edificios de Xustiza en Galicia

1.738.761,00 €

28.11.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña para a prestación e mellora da asistencia xurídica no procedemento abreviado 38/2011 da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña coñecido como asunto «Prestige»

15.000,00 €

4.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Ilustre Colexio de Procuradores da Coruña para a prestación e mellora da representación técnica no procedemento abreviado 38/2011 da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, coñecido como asunto «Prestige»

1.000,00 €

28.12.2012

ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2012

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Valedor do Pobo para a inclusión do Valedor do Pobo no sistema único de rexistro da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico

0,00 €

27.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Xinzo de Limia para a instalación dun ascensor nos locais dos servizos sociais do concello

15.000,00 €

8.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ponteareas en materia de protección civil contra incendios e salvamento do Servizo Municipal de Bombeiros

30.000,00 €

9.8.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Amoeiro

25.000,00 €

27.8.2012