Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1253

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de decembro de 2012 pola que se crea e integra na Rede de Bibliotecas de Galicia a Biblioteca Pública Municipal do Centro Sociocultural de Santa Marta (Santiago de Compostela).

Vista a proposta do secretario xeral de Cultura e en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro. Crear e integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a Biblioteca Pública Municipal do Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela.

Segundo. A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público, que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centro.

Terceiro. O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo, deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto. O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria