Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 20 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido das resolucións contra as que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da data desta publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992 poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9, 1º andar), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Concello

Nicanor Sabino García Payo

47364528-F

15/030/0654/10

Recurso de alzada desestimado

A Coruña

Viorica Turcu

Y1305089Z

15/036/0030/12

Recurso de alzada desestimado

Ferrol

María Jesús Belda Codesido

32657354-E

15/036/0197/11

Recurso de alzada desestimado

Ferrol

Carlos Carrasco Solera

32669394-X

15/054/0034/11

Recurso de alzada desestimado

Narón