Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2011/0313-1.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de relacións laborais.

Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e a interesada poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa: Isolino Nieto Caamaño.

Enderezo: praza de Pontevedra, 14-16, portal 1, 7º B, A Coruña.

Nº expte.: 2011/0313-1.

Acta de infracción: 81426/2011/1/T.

Data resolución Dirección Xeral: 15 de outubro de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e artigo 6 do Real decreto 1424/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar.

Preceptos sancionadores: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 6.251 euros.