Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave para prefabricados de formigón.

Prefabricaciones y Contratas, S.A. solicitou licenza municipal de apertura para reforma de instalacións para a súa adaptación á normativa vixente nunha nave destinada á fabricación de prefabricados do formigón sita no lugar do Espírito Santo, núm. 7, nº 57, polígono industrial do Espírito Santo, parroquia de Cecebre, termo municipal de Cambre. Cumprindo co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente nas oficinas da área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Cambre, 22 de novembro de 2012

P.D. (R.A. nº 1000, do 17 de xuño de 2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da área de Urbanismo e Medio Ambiente