Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 1047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do arrendamento sen opción de compra de catro equipamentos de radiografía computarizada para mamografía (CR) para o Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM) (AB-CON1-12-013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-12-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento sen opción de compra de catro equipamentos de radiografía computarizada para mamografía (CR), para o Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM).

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: 48 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33111650-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 – 40

Lector de chasis 17 puntos

Parámetros físicos 6,5 puntos

Produtividade 4,0 puntos

Doses 6,5 puntos

Valoración clínica do funcionamento do equipamento 12 puntos

Valoraranse, entre outras características, a facilidade de uso, a calidade de imaxe, a rapidez na visualización das imaxes e a adaptación ás necesidades concretas dos radiólogos do programa.

Consola de adquisición 6 puntos

Hardware 2,0 puntos

Software 1,5 puntos

Produtividade 2,5 puntos

Chasis/pantalla 3 puntos

Nº de chasis 18x24 cm, adicionais aos exixidos 1,0 punto

Nº de chasis 24x30 cm, adicionais aos exixidos 2,0 puntos

Equipamento de control de calidade 1 punto

Kits adicionais aos exixidos 1,0 punto

Outros aspectos valorables 1 punto

Hardware e/ou software opcional para a mellora
de calidade de imaxe e/o produtividade 1,0 punto

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 – 40

13

7

1. Prezo.

2. Custo de reposición dos chasis.

3. Formación.

4. Valor estimado do contrato: 192.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 192.000 euros. Importe total: 232.320 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, de proceder: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver número 27 da folla de especificacións (carátula).

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos