Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 933

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de novembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a da Sección de Hematoloxía e Hemoterapia.

A Resolución do 21 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 17 de xullo) convocaba a provisión dun posto de xefe/a da Sección de Hematoloxía e Hemoterapia da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a da Sección de Hematoloxía e Hemoterapia da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado por Resolución do 21 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 17 de xullo).

Segundo. Declarar deserta a convocatoria pola non concorrencia de candidatos ao posto ofertado.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña