Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2013 Páx. 961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado «Punto de Encontro Familiar de Lugo», por procedemento aberto e tramitación urxente anticipado de gasto.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 15/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión do servizo público na modalidade de concesión denominado «Punto de Encontro Familiar de Lugo», por procedemento aberto e tramitación urxente anticipado de gasto.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación previsto para a xestión do punto de encontro familiar de Lugo: estímase en setenta e cinco mil novecentos seis euros con sesenta e un céntimos (75.906,61 euros) aos cales se lle engaden quince mil novecentos corenta euros con trinta e nove céntimos (15.940,39 euros) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de noventa e un mil oitocentos corenta e sete euros (91.847 euros).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50 - 981 54 56 69.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.3.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 euros por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18331

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar