Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 823

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de decembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa dun proxecto técnico relacionado coa xestión da unidade, dun posto de supervisor/a da Unidade de Procesos de Coidados de Enfermaría deste centro.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 5 de xullo de 2012, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa dun proxecto técnico relacionado coa xestión da unidade, dun posto de supervisor/a da Unidade de Procesos de Coidados de Enfermaría.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do complexo hospitalario no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

Pontevedra, 14 de decembro de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés