Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se realiza a publicidade da declaración de impacto ambiental do 29 de novembro de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de explotación para as concesións Emilita, número 1221, Ciudad de Landró, número 1454, e Ciudad del Masma, número 1455, que forman o coñecido como Grupo Mineiro Corcoesto, situado nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Coristanco, da provincia da Coruña, e promovido por Mineira de Corcoesto, S.L. (clave 2011/0169).

Visto o artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos,

RESOLVO:

Dar publicidade, mediante esta resolución, á declaración de impacto ambiental do 29 de novembro de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de explotación para as concesións Emilita, número 1221, Ciudad de Landró, número 1454 e Ciudad del Masma, número 1455, que forman o coñecido como Grupo Mineiro Corcoesto, emplazado nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Coristanco, da provincia da Coruña, e promovido por Mineira de Corcoesto, S.L. (clave 2011/0169), que se poderá consultar no seguinte enlace coa clave de expediente, http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña e na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas