Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 11 de decembro de 2012 de non someter a modificación puntual do catálogo do Plan xeral de ordenación municipal e do Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural no ámbito correspondente aos números 108, 110 e 112 da rúa Rosalía de Castro, concello de Santiago de Compostela, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do catálogo do Plan xeral de ordenación municipal e do Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural no ámbito correspondente aos números 108, 110 e 112 da rúa Rosalía de Castro, concello de Santiago de Compostela, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, código web: 1463/2012.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental