Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 20 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, do alleamento, polo procedemento de poxa pública, dun ben inmoble situado no concello da Baña.

Ás 10.55 horas do día 28 de xaneiro de 2013 terá lugar no Centro Sociocultural do Concello da Baña, ante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, unha poxa pública do seguinte ben inmoble patrimonial da Comunidade Autónoma de Galicia, do cal foi acordado o alleamento pola Orde da Consellería de Facenda do 10 de agosto de 2012.

Parcela nº 707, adicional igrexario, situada en San Cristovo de Corneira, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.624 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: ao norte, camiño; ao sur, Flora Fernández Recarey; ao leste, resto da finca matriz do Concello da Baña e ao oeste, Luz Rodríguez.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 18468, tomo 742, libro 150 e folio 135.

Referencia catastral: 5660902NH1556S0001YZ.

Tipo de licitación primeira poxa: 27.189 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble ante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Se a primeira poxa quedar deserta, o inmoble ofertarase a continuación en segunda e terceira poxa, acordando unha rebaixa no tipo de taxación dun 15 % e dun 30 %, respectivamente.

A continuación terá lugar a segunda e terceira poxa pública dos bens inmobles, situados neste mesmo concello, que quedaron desertos na primeira poxa pública do día 26 de novembro de 2012.

Serán por conta do adxudicatario os custos orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es).

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2012

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda