Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 544

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital de Monforte de Lemos, pola que se resolve o procedemento de reavaliación do posto de xefa de sección de Obstetricia e Xinecoloxía deste hospital.

Iniciado por Resolución do 18 de xullo de 2012 o procedemento para a reavaliación do posto de xefa de sección de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital de Monforte de Lemos, esta dirección xerencia de conformidade co establecido no artigo 43 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario, así como na Resolución da Consellería de Sanidade do 13 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo) pola que se procede a publicar a Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, en virtude da competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño).

DISPÓN:

Primeiro. Resolver o procedemento para a reavaliación do posto de xefa de sección de Obstetricia e Xinecoloxía convocado pola Resolución do 18 de xullo de 2012.

Segundo. Prorrogar por un período de catro anos o nomeamento como xefa de sección de Obstetricia e Xinecoloxía da persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Monforte de Lemos, 7 de novembro de 2012

Benigno Pérez Martínez
Director xerente do Hospital de Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefa de sección de Obstetricia e Xinecoloxía.

Nome e apelidos: Ana María Casal Rivas.

DNI: 76617363-Q.