Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 351

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de decembro de 2012 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2011-2012, convocados pola Orde do 3 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 13 de agosto).

A Orde do 3 de agosto de 2012 (DOG do 13 de agosto) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2011-2012, establece no seu artigo 11.2 que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicadas as cualificacións obtidas polos candidatos no portal educativo https://www.edu.xunta.es, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2011-2012 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Relación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2011-2012

Solicitude

Nome e apelidos

Código

Centro de estudos

Importe

8538

Alonso Rodríguez, Raúl

36016681

IES Carlos Casares de Vigo (Pontevedra)

750 €

8349

Jorge Díaz, Carmen

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes de Lugo

750 €

8484

Alonso Soret, Flor Andrea

36000922

IES María Soliño de Cangas (Pontevedra)

750 €

8601

Freijido Álvarez, Pablo

15015603

CPR Pl La Salle de Santiago de Compostela (A Coruña)

750 €

8740

Grille Guerra, Adrián

15015561

CPR Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela (A Coruña)

750 €

8369

García Casas, Xabier

32009190

IES As Lagoas de Ourense

750 €

8333

Álvarez Quintáns, Sara

36006730

IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra

750 €

8710

Afonso Blanco, Axel

36019921

CPR Los Sauces de Mos (Pontevedra)

750 €

8599

López Riobóo Botana, Mª Dolores

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María da Coruña

750 €

8571

Louzao Pereiro, Carlos

36020386

IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra)

750 €

8501

González Montes, Miguel

27013314

IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (Lugo)

750 €

8451

Rego Abraira, Catarina

27016303

IES Pedregal de Irimia de Meira (Lugo)

750 €

8380

González Martínez, Marcos

32006929

CPI Terras de Maside (Ourense)

750 €

8692

Menta Fernández, Mª Antonella

36011831

CPR Plurilingüe Las Acacias de Vigo (Pontevedra)

750 €

8714

Araújo Villanueva, Marta

36019921

CPR Los Sauces de Mos (Pontevedra)

750 €

8600

Ferreiro Pérez, Elena

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María da Coruña

750 €

8696

Díaz Ferreiro, Carmen

36006717

IES Sánchez Cantón de Pontevedra

750 €

8546

Vázquez Conde, Pablo

15015561

CPR Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela (A Coruña)

750 €

8404

Novo Goiriz, David

27013314

IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (Lugo)

750 €

8401

Vidal García, Sara

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra

750 €

O alumnado premiado indicará, no prazo de dez días, a titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos e presentará unha declaración responsable sobre a veracidade dos datos relativos á dita conta, na cal se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio. Deberá enviarse á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, edificio administrativo, s/n, bloque 2, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.