Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente LU-14-03-12-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa os expedientes: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita os expedientes: División de Contratación.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición do obxecto: dragaxe da canle de acceso ao porto de Foz (Lugo).

Clave do expediente: LU-14-03-12-01.

Lugar de execución: Foz (Lugo).

Valor estimado do contrato: 284.398,91 euros, IVE excluído.

Orzamento base de licitación: douscentos trinta e seis mil novecentos noventa e nove euros con nove céntimos (236.999,09 €), IVE excluído.

Importe do IVE (21 %): 49.769,81 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. Expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 881 88 16 45.

b) Perfil de contratante na web: os pregos e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18307

c) A documentación técnica (proxecto), o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o CCC tamén se poderán obter en:

Copy Nino; rúa Feáns, 19, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

http://www.portosdegalicia.es (Contratación administrativa; Área de Infraestruturas)

A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no punto 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

1. Obrigatoria: non se exixe.

2. Substitutiva da solvencia: F-1-c.

b) Solvencia económica e técnica: por non ser exixible a clasificación, os licitadores deberán acreditar a súa solvencia conforme o exixido no punto 5.2 do CCC; en concreto e respecto da solvencia técnica, deberán comprometer, en todo caso, na súa proposta (dentro do sobre A) un equipo mínimo de traballo, coas características especificadas na cláusula 3.3.2.2 do PCAP e os medios materiais mínimos fixados no punto 5.2.1 do CCC.

c) Outros requisitos: os licitadores deberán observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, se é o caso, se atopen especificados no PCAP.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 3.5 do PCAP.

c) Lugar da presentación: as proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no Rexistro Xeral de Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, 15707 (teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24), segundo se especifica no punto 3.4 do PCAP, ou envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos puntos 2 e 4 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos na cláusula 3.6.2 do PCAP.

f) Admisión de variantes: observarase o disposto no PCAP e no punto 7 do CCC.

g) Modificación do contrato: o contrato poderase modificar se concorren as causas previstas no punto 19 do CCC.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º (Área Central).

c) Localidade: 15707 Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: fixarase no perfil de contratante.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización do acto público de apertura das proposicións reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 3.6.1.b).1 do PCAP, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos Servizos Centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia