Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 23 de novembro de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión e da batea L.R. IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea L.R. IV e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 22.11.2012, Fco. José Tembra Muñiz solicitou autorización para transmisión da concesión e da batea L.R. IV.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 3 de decembro), de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguíu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de María José Tembra Muñiz (53483840P) 100 % privativo, da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: L.R. IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 141.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 30.7.1957.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Fco. José Tembra Muñiz (53483841D) ½ privativo e María José Tembra Muñiz (53483840P) ½ privativo.

Nova titular: María José Tembra Muñiz (53483840P) 100 % privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter aportado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de novembro de 2012

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar