Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 161

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de decembro de 2012 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Menéndez y Pelayo, de Lugo.

De conformidade co previsto no artigo 8.1º do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, DOG do 21 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Código: 27016467.

Denominación actual: colexio de educación infantil e primaria Menéndez y Pelayo.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Menéndez Pelayo.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria