Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite urxente, do servizo de vixilancia e seguridade das instalacións dos centros educativos de menores Montealegre e A Carballeira de Ourense.

A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 18/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade das instalacións dos centros educativos de menores Montealegre e A Carballeira, sitos no barrio Montealegre s/n e na praza da Lexión, núm. 17, Ourense.

b) Prazo de execución: dous anos.

3. Procedemento e tramitación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Orzamento de licitación: 520.000,00 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 90.247,90 €.

5. Garantía: definitiva: 5 % prezo de adxudicación (s/IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: Avda. de La Habana, núm. 79, 4º andar, 32004 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18289.

7. Capacidade e solvencia.

Exíxese a clasificación no grupo M, subgrupo 2, categoría B.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que se debe achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avda. de La Habana 79, 4º andar, 32004 Ourense.

b) Data: o oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

c) Hora: a partir das 13.00 horas.

10. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de dez con oitenta e dous euros, 10,82 €).

Ourense, 18 de decembro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense