Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación do acordo da apertura do período probatorio e admisión de probas do expediente disciplinario incoado por Acordo do 19 de xullo de 2012 da Secretaría Xeral Técnica desta consellería.

Intentada a notificación do acordo da apertura do período probatorio e admisión de probas, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, comunícaselle ao interesado o contido da notificación que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da notificación da apertura de período probatorio e de admisión de probas, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 13 decembro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos: José Ramón Rodríguez Ures.

DNI/NIF: 32765823T

Último enderezo coñecido: r/ Curros Enríquez, 39, 2º A, O Temple 15679 (Cambre).

Contido da notificación: notificación do acordo da apertura do período probatorio e admisión de probas do expediente disciplinario incoado por Acordo do 19 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola presunta comisión duns feitos polos que podería incorrer nas faltas tipificadas no Decreto 94/1991, do 20 de marzo, e na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

A proba admitida realizarase na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, ás 12.00 horas do segundo día laborable seguinte ao día desta publicación, sendo obriga do inculpado acudir á dita proba acompañado da persoa que vai prestar declaración en calidade de testemuña.

Data da notificación: 13.12.2012.