Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2012, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PN-PO-2012/41-NAV.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a proposta de resolución de expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta proposta de resolución, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sita en Eduardo Cabello, s/n, 1º andar, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Vigo, 11 de decembro de 2012

José Antonio Fernández Bouzas
Director conservador

ANEXO

Expediente

Interesado

PN-PO-2012/41-NAV

Andrés González Cominges