Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 67

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2012, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data de sinatura

Importe €

Ano 2012

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras para a habilitación dunha liña de avais do Igape para facilitar ás pemes galegas o acceso a financiamento destinado ao inicio ou incremento da súa actividade exportadora, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras (Programa Re-Export 2012).

25.5.2012

Sen achega económica

Convenio específico de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación EOI para a execución de tres programas formativos de xestión internacional da empresa.

31.5.2012

40.032

Convenio de colaboración para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras (Re-Invirte Ferrol).

7.6.2012

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas, para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Re-Imaxina).

15.6.2012

Sen achega económica

Addenda de modificación do convenio de colaboración, asinado o 7 de abril de 2008, entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as universidades galegas e a Asociación Impulsora do Plan Ferrol para o fomento da creatividade aplicada.

20.6.2012

70.000

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Federación de Asociaciones de Comerciantes de Muebles de Galicia para a posta en marcha dunha campaña de publicidade co fin de incentivar a demanda de compra de mobles e colchóns.

1.7.2012

140.000