Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 143

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

RESOLUCIÓN pola que se fai público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Consorcio de Augas de Valdeorras (xestión tributaria e recadación da taxa por depuración de augas residuais nos concellos da comarca de Valdeorras).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 30 de novembro de 2012, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Consorcio de Augas de Valdeorras (xestión tributaria e recadación da taxa por depuración de augas residuais nos concellos da comarca de Valdeorras) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta Corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta Deputación.

Ourense, 5 de decembro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense