Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 145

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia

ANUNCIO polo que se empraza o interesado en relación co expediente disciplinario 5/2012.

Ao non ser posible practicarlle persoalmente a notificación, por medio do presente escrito comunícaselle ao enxeñeiro industrial José Luis Rodríguez Iglesias e emprázase para que no prazo dos quince días seguintes ao da súa publicación poida contestar o prego de cargos, e acompañar os documentos e propor as probas que considere pertinentes. Advírteselle que ten á súa disposición na sede deste colexio (rúa Alameda, 30-32, 8º, 15003 A Coruña) unha copia do prego de cargos.

A Coruña, 13 de setembro de 2012

Jesús Bendaña Suárez
Instrutor