Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 74

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 18 de decembro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de seis postos de traballo vacantes no Instituto de Estudos do Territorio.

De conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º da mesma lei, esta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DISPÓN:

Primeiro.

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.

Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, sito no Edificio Administrativo de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.

Os/as aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.

No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes.

Sexto.

A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserto o posto de traballo.

Sétimo.

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución de traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Código do posto: MA.O31.00.001.15707.001.

Denominación do posto: director/a do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego R.I.).

Dependencia: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: MA.O31.00.002.15707.001.

Denominación do posto: director/a do Departamento Técnico de Estudos.

Grupo: A1.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral/especial/docente.

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: A17 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego R.I.).

Dependencia: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: MA.O31.00.001.15770.010.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Xestión.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Dependencia: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: MA.O31.00.002.15770.010.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Estudos.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Dependencia: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: MA.O31.00.002.15770.020.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Coordinación e Información Territorial.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Dependencia: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Código do posto: MA.O31.00.002.15770.030.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Planificación da Paisaxe.

Grupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Tipo de posto: S.

Código de adscrición ás administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Dependencia: Instituto de Estudos do Territorio.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file
missing image file