Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de decembro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01372-O-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 10 de decembro de 2012

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

XC-01372-O-2012

4570-CCP

Garda Civil 1504 I54077K

Francisco Javier Coto Mosquera

32793491E

Simón Bolívar 35-4º B,

15011 A Coruña

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 10 %.

15.5.2012; 10.53; SC-20; 2

Art. 142.2 LOTT
Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT
Art. 201.1.c) ROTT

341 euros