Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de decembro de 2012 pola que se notifica a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no procedemento administrativo sancionador co número de referencia Sanc. 12-19-12-51.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado Fernando Palomares Ferreiro, con último domicilio coñecido na avda. Pasaxe, 32, bq. 9, 1º D (A Coruña), mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 30 de novembro de 2012 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 5 de setembro de 2012 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia Sanc. 12-19-12-51.

O citado acordo constitúe unha resolución que esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación na localización do interesado, no xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio ou no xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Para os efectos do coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer nas dependencias de Portos de Galicia, situadas en Polígono das Fontiñas, praza Europa, 5A, 6º (Santiago de Compostela), entre as 9.00 e as 14.00 horas.

E para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia