Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 12 de decembro de 2012 polo que se empraza a entidade colaboradora Gelucho y Romar, S.L. para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada indicada no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Interesada: Gelucho y Romar, S.L.

Expediente: IN412B-2010-670.

Acto que se notifica: resolución de procedemento de reintegro.