Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49424

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 18 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2011 (DOG número 103, do 30 de maio).

A evolución da distribución cinematográfica nos últimos anos está evolucionando ata formatos dixitais que permiten obter unha maior calidade e posibilidade de exhibición do produto final obxecto das subvencións convocadas pola Agadic e concedidas no ano 2011. Dado que a convocatoria prevé a entrega do produto final da actividade subvencionada e que a entrega noutros formatos distintos ao inicialmente exixido (35 mm) non afecta a igualdade dos subvencionados, xa que a entrega está prevista para a anualidade 2014, procédese á modificación da resolución, para permitir a entrega en varios formatos, máis acordes co avance da exhibición cinematográfica.

Por todo isto

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 14.5, primeiro parágrafo, da Resolución do 18 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2011, que queda co seguinte contido:

«5. Entregar unha copia en versión galega, en perfecto estado, no formato elixido na solicitude segundo as modalidades de produción:

– Longametraxe cinematográfica e ópera prima ou segunda longametraxe: 35 mm ou en DCP (Digital Cinema Package). Se a produción está totalmente gravada en dixital entregarase unha copia no formato e no soporte de máis alta calidade na produción (para unha calidade de 2K ou superiores e entregarase un disco duro coa máis alta ratio de imaxe e sentido de compresión, .DPX ou .TIFF para as imaxes e .WAV ou .AIFF para o son».

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais