De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución do procedemento (mon-po-0035/2010-mcv).
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: mon-po-0035/2010-mcv.
Interesado: Rafael Lago Loureiro.
Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.
Último enderezo coñecido: rúa Carballal, 97, Vigo (Pontevedra).