Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento de instalacións e equipamentos enerxéticos térmicos e locais asociados, de varios centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde (MI-SER1-12-045).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 12.2.2013.

d) Número de expediente: MI-SER1-12-045.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento de instalacións e equipamentos enerxéticos térmicos e locais asociados, de varios centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 10 anos e 2 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 09.12.30.00, 09.11.14.00, 09.13.40.00, 09.32.00.00, 34.91.30.00 e 50.53.00.00.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Sobre

Criterios non valorables de forma automática, estruturados en:

De 0 a 40 puntos

B

• Subministración enerxética prestacional (SEP).

• Servizo de mantemento (MAN).

De 0 a 35 puntos

De 0 a 5 puntos

B

Prezo anual ofertado (IVE excluído)

De 0 a 60 puntos

C

Total

De 0 a 100 puntos

4. Valor estimado do contrato: 6.638.500 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 5.638.500 euros. Importe total: 6.822.858 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): si (150.000 €). Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.1.h) e i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 12.2.2013.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.12.2012.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos