Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública sobre actividade e reforma de nave e instalacións para taller mecánico nas proximidades de Lavandeira.

Expediente: 7-2012.

Data: 23.1.2012.

Solicitante: José Vidal Guzmán (Dereimport, S.L.).

Obxecto: legalización de actividade e reforma de nave e instalacións para taller mecánico.

Lugar: proximidades de Lavandeira.

Con base na solicitude da persoa antes sinalada, de licenza municipal para a apertura da actividade tamén indicada, sométese o expediente a información pública por un período de vinte (20) días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Coles, 29 de novembro de 2012

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde