Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Exl-Quintaglass, S.L., localizada no concello de Padrón (expediente 2012-IPPC-M-90).

Con data do 30 de abril de 2008 concedeuse a Exl-Quintaglass, S.L. a autorización ambiental integrada nº 2006/0268_NAA/IPPC_165 para unha instalación dedicada á extrusión, lacaxe e anodización de perfís de aluminio, localizada no concello de Padrón (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se for o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Memoria técnica para a renovación da autorización ambiental integrada de Exl-Quintaglass, S.L., A Picaraña-Padrón. Outubro 2012 rev01.

– Resumo da memoria técnica para a renovación da autorización ambiental integrada de Exl-Quintaglass, S.L., A Picaraña-Padrón. Outubro 2012 rev01.

– Caracterización e clasificación apca dos focos emisores á atmósfera das instalacións de Exl-Quintaglass, S.L. no Concello de Padrón. Ano 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes, o antedito documento estará á disposición dos administrados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

• Concello de Padrón (r/ Xeneral Franco, 27, 15900 Padrón, A Coruña).

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental