Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para apertura dun almacén loxístico de pezas de recambio de automóbiles.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente núm. 2012/047/16, tramitado por instancia de Alberto Castro Álvarez, en representación de Recambios Autosport, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento dun almacén loxístico de pezas de recambio de automóbiles, que se instalará na parcela G-9 do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

O prazo será de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste Concello co fin de quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crea oportunas.

Bergondo, 25 de outubro de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa