Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (38/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento ordinario 38/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Rabuñal Catrufo e Antonio García García, contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., despois de ser citado o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidades, ditouse auto de aclaración o 30 de novembro de 2012, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto.

A Coruña, 30 de novembro de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O día 15 de novembro do ano en curso ditouse sentenza no presente procedemento.

Despois de ser presentado neste xulgado o día de onte, 29 de novembro de 2012, pola representación de Carlos Rebuñal Catrufo e de Antonio García García, escrito en que solicita a aclaración da resolución de referencia en relación co erro que figura no ditame desta, cómpre resolver a petición da parte instante.

Parte dispositiva.

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 15 de novembro de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que no ditame desta se substitúa a referencia á suma de 6.465,84 euros pola de 6.974,38 euros, no suposto de Antonio García García, e a referencia á suma de 6.974,38 euros pola de 6.465,84 euros, no suposto de Carlos Rabuñal Catrufo, e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo.

E para que sirva de notificación á empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

A secretaria xudicial