Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes SAN-CO-0053/2012-IA, SAN-CO-098/2012-IA, SAN-CO-072/2012-BA e SAN-CO-049/2012-IA.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial e polo instrutor.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 10 de decembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0053/2012-IA.

Denunciado: José Antonio Alcalde Santos.

Acto de notificación: proposta.

Expediente: SAN-CO-098/2012-IA.

Denunciado: Juan José González Fortúnez.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-072/2012-BA.

Denunciado: Jorge González Fernández.

Acto de notificación: proposta.

Expediente: SAN-CO-049/2012-IA.

Denunciado: Diego Couto Rivas.

Acto de notificación: resolución.