Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2012 Páx. 48009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de novembro de 2012 polo que se lle notifica a Prisma Management and Consulting Group, S.A. o acordo de inicio do expediente 1/2012, do 14 de novembro, relativo ao procedemento de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras e condicións do réxime de concesións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Unha vez intentada a notificación, no último domicilio coñecido, a Prisma Management & Consultoría Group, S.A. (NIF A63644978) do Acordo do 14 de novembro de 2012, de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida á dita empresa con data do 10 de xullo de 2007, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación dese acordo, cuxo contido se recolle de forma sumaria neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A causa do reintegro da dita subvención vén determinada polo incumprimento das obrigas derivadas da adhesión e do mantemento do sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Conforme o artigo 77.3 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), este acordo de inicio interrompe o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro, de acordo co establecido no artigo 35 (números 1 e 2 c) da Lei de subvencións de Galicia, que indica que prescribirá aos catro anos, desde o momento en que venceu o prazo en que se deberán cumprir as condicións e obrigas a que se comprometeu o beneficiario no momento da concesión.

Os representantes da persoa xurídica interesada poderán examinar o expediente completo na Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental, situada en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle á persoa xurídica interesada un prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo, co fin de que poida presentar as alegacións, documentos e xustificantes que considere oportunos para a defensa dos seus intereses. Transcorrido o dito prazo, e aínda que a persoa xurídica interesada non se acolla ao dereito de presentar alegacións e documentos, esta consellería ditará a resolución que proceda en relación co procedemento de reintegro.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Infraestruturas