Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de decembro de 2012 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 29 de febreiro do 2012 ditada no expediente 107B 2008/057-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG. núm. 59, do 27 de marzo), ditou o 19 de outubro do 2012 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Jorge Lence Vázquez contra a Resolución do 29 de febreiro do 2012, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se lle impón unha multa coercitiva, en relación coas obras promovidas polo interesado consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Cucheiro, Chanteiro, no concello de Ares, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao citado interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición estea o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012

María Matínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística