Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47650

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios e tramitados pola Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais, no segundo cuadrimestre do ano 2012, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios

ANEXO

Convenio

Importe

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e Editorial Compostela, S.A. (El Correo Gallego) para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

90.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e Editorial La Capital, S.L. (El Ideal Gallego) para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e Editorial La Capital, S.L. (Diario de Ferrol) para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e Editorial La Capital, S.L. (Diario de Arousa) para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e El Progreso de Lugo, S.L. para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

90.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e La Voz de Galicia, S.A. para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

150.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e Lérez Ediciones, S.L. (Diario de Pontevedra) para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

35.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e Faro de Vigo, S.A.U. para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

110.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e La Opinión de La Coruña, S.L. para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e La Región, S.A. para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

90.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e Rías Baixas de Comunicación, S.A. (Atlántico Diario) para o desenvolvemento do programa «A prensa nas aulas: que medios? que fins?»

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas de xornalismo en gabinetes de prensa institucional

18.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a axencia de noticias Agencia Efe, S.A. para a difusión informativa das actuacións da Xunta, do presidente e do Consello da Xunta de Galicia

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a axencia de noticias Europa Press Delegaciones, S.A. para a difusión informativa das actuacións da Xunta, do presidente e do Consello da Xunta de Galicia

30.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e AGN Axencia Galega de Noticias, S.A. para a difusión informativa das actuacións da Xunta, do presidente e do Consello da Xunta de Galicia

25.000 €