Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos no expediente (OU–11/2012 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 30 de novembro de 2012

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-11/2012 RE.

Denunciado: Robert Ramadan.

Acto notificado: resolución de expediente.