Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 29 de novembro de 2012 de non someter o proxecto sectorial LAT 132 kV PE Serra do Oribio–subestación de Triacastela, promovido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o proxecto sectorial LAT 132 kV PE Serra do Oribio-subestación de Triacastela, promovido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1460/2012.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental