Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47627

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de información pública sobre expediente de solicitude de licenza municipal para a construción de naves agrícolas para ampliación de explotación de cría de visóns.

Despois de solicitar desta alcaldía Marta Blanco Vispo, en representación de European Minkfarm Rooijakkers, licenza municipal para a construción de naves agrícolas para a ampliación de explotación de cría de visóns que se situará no monte Xalo, parroquia de Paleo (Santo Estevo), cumprindo o disposto no artigo 8 punto 3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, poida examinarse o expediente na secretaría deste concello polas persoas que, dalgún modo, se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Carral, 8 de novembro de 2012

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde